Ayuda AUTONOMOS 2024

Publicado el 9 Ene, 2024

A Xunta de Galicia convoca axudas para a promoción do emprego autónomo.

Ao abeiro desta orde, subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que se formalicen desde o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive.

Establécense 2 liñas de axudas:

a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.
b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación,

 

Contía da subvención na liña 1:
2.000 € para persoas desempregadas en xeral.
4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se inclúan nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
a) Persoas menores de 30 anos.
b) Persoas desempregadas de longa duración.
c) Persoas desempregadas con discapacidade o en situación de dependencia.
d) Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
e) Persoa desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.
f) Persoa desempregadas que teñan a condición de estranxeira.
g) Persoas maiores de 52 anos.

A contía base correspondente incrementarase nun 15 % nos seguintes casos:
a) Se a persoa incorporada é unha muller.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
c) Persoas maiores de 45 anos.
d) Persoas trans.
e) Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións.
Estes cinco incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 7.000 €.

Contía da subvención na liña 2:

unha axuda para a sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia das persoas desempregadas que se inician como traballadoras autónomas, equivalente a contía da cota reducida.

As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co formulario TR341D

prazo para a presentación de solicitudes estará aberto do 16 de xaneiro de 2024 ata o 30 de setembro de 2024.

 

Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 202

 

 

 

Otros artículos de interés