Ayudas para la creación de Empresas en el rural gallego

Publicado el 10 Ene, 2019

AXUDAS DESTINADAS A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESARROLLO RURAL (FEADER), NO MARCO DO PROGRAMA DE DESARROLLO RURAL (PDR) DE GALICIA 2014-2020.


Finalidade / Obxetivo


Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
A definición das zonas rurais realízase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) nun territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración os sete concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).
Considéranse tamén non admisibles, aquelas parroquias que están en concellos non urbanos pero si teñen parroquias que teñen esta característica.


Prazo de presentación das solicitudes


O prazo de presentación de solicitudes será ata o 4 de marzo do 2019.


Cuantía das axudas


A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica establécese en 20.000 euros, e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 euros.
Beneficiarios potenciais
a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
b) As microempresa e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.
c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda


Non poderán ser beneficiarios


As agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica. Para o caso das sociedade civís, poderán ser beneficiarias aquelas que acrediten constitución en escritura pública e inscrición no Rexistro Mercantil.
As empresas en crise.
As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
As empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.
Nas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei de subvencións de Galicia ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei de subvencións.
As persoas físicas non empadroadas no medio rural, condición que se verificará no momento da solicitude e que debe cumprirse ata o fin do prazo de execución do proxecto fixado na resolución de concesión.
As persoas físicas ou xurídicas beneficiarias deste mesmo programa en convocatorias anteriores. Igualmente, non poderán ser beneficiarias empresas nas cales algún dos seus socios fose partícipe doutra empresa xa beneficiaria deste programa.


Sectores incentivables


Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:
a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I* do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).
c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos, …).
d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
f) Artesanía e actividades artesanais.
g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico
h) Actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.
i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I* do TFUE.
j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.
Para estes efectos, entenderase que existe unha nova actividade cando non coincida coa actividade preexistente a nivel de tres díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE), e os gastos e/ou investimentos derivados da súa posta en marcha estean claramente vinculados á nova actividade.
Non se considera que existe nova actividade se a persoa física ou calquera dos socios dunha peme desenvolvese a mesma actividade por conta propia nos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.


Requisitos principaies do proxecto


Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) A axuda terá carácter de pagamento a tanto global e concederase pola execución dun Plan empresarial ou Plan de negocio que terá unha duración de 18 meses.
b) Os solicitantes haberán de presentar un Plan empresarial ou Plan de negocio que mostre a viabilidade da iniciativa. O plan poderá comezar a aplicarse desde o día da solicitude de axuda (non se pode ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda) e como máximo dentro dos nove meses seguintes á data en que se adopte a decisión pola que se concede a axuda. Deben ser proxectos viables financeiramente e axustarse á normativa sectorial correspondente (comunitaria, estatal e autonómica) e o promotor non debe estar suxeito a situación ou procedemento xurídico e/ou administrativo que o inhabilite para poder optar á subvención.
c) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
d) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea.
e) Dependendo da natureza e da magnitude da actuación proxectada, e con maior extensión e concreción en función destes principios, deberá incluírse un capítulo específico sobre problemas relacionados co cambio climático, centrado nas medidas de mitigación e adaptación que se adoptarán.


Inversións e gastos computables


Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais contemplados no Plan de negocio, coas seguintes consideracións respecto das seguintes partidas:
a) Adquisición de terreos. Máximo un 10% do total de custos elixibles.
b) Adquisición de inmobles, que só poderán ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. O seu importe non superará o 50% da base elixible.
c) Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos aos módulos máximos que se achegan como anexo V.
d) Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interno, e equipos de protección do ambiente.
Os bens e equipamento de segunda man, en determinados casos.
e) Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecementos técnicos non patentados, aplicacións informáticas (excluídas as licenzas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática).
f) Custos de funcionamento: custos de explotación, custos de persoal, custos de formación, custos de relacións públicas, custos financeiros, custos de rede.
g) As contribucións en especie, en forma de provisión de obras, bens, servizos, terreos e bens inmobles polos que non se efectuara ningún pago en efectivo documentado con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, en determinados casos.
h) Con respecto aos gastos xerais do proxecto (honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento, sobre a sostibilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade) suporán como máximo un 12% do total de custos elixibles.


Dpto Subvenciones
Xedega S.Coop.

Otros artículos de interés