• es
  • gal
xedega@xedega.com
+34 986 430 404

Como e cando podemos cambiar a Base de Cotización do Réxime Especial de Traballadores Autónomos?

ssAta o vindeiro día 31 de outubro, todos os autónomos que o desxeen poderán modificar ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) a Base de Cotización do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) e, por iso, a cuota mensual a pagar. Os cambios serán efectivos a partir do día 1 de xaneiro de 2016. A Base de cotización poderase modificar á alza ou á baixa, en función da que teñan actualmente, mantenendo sempre os mínimos establecidos pola normativa vixente.
Debemos considerar que a Base de Cotización está directamente relacionada co importe a percibir polo autónomo en caso de ter unha baixa por enfermidade, accidente, incapacidade e tamén incidirá no cálculo do importe da pensión cando o autónomo se xubile.
Considerando os importes do 2015, amosamos a seguinte táboa informativa que sinala as diferentes posibilidades que os autónomos teñen á hora de elixir a súa base de cotización para o ano 2016.

cuadro xedega

*29,90%= 29,80% + 0,1% (para os autónomos sen protección por continxencias derivadas de accidentes de traballo, enfermidades profesionais e cese da actividade).

Se, por razóns de idade ou situación  persoal, quixeras facer unha modificación na túa Base de Cotización, non dubides en contactar co noso despacho, onde te informaremos e asesoraremos da opción que mellor se adapte ás túas circunstancias.

Isabel García Álvarez & J. Gómez Cabo