Créditos da Xunta de Galicia a 0 % de INTERES

Publicado el 13 Nov, 2020

O pasado 12 de novembro reuniuse  o Consello da Xunta e adoptáronse unha serie de medidas para facer fronte ós problemas de liquidez derivados da COVID19 para autónomos, pymes e microempresas.

A Xunta ten pensado facilitar créditos de entre 3.000 e 500.000 euros a cada negocio para atender as súas necesidades, como o pagamento de salarios, alugueiros ou impostos.

Será para aqueles sectores que teñen máis dificultade para acceder ao financiamento privado, como o ocio nocturno e a hostalaría, a industria cultural, as orquestras, a Economía Social, o comercio estacional e as feiras.

Os beneficiarios desta iniciativa terán ata sete anos –incluíndo tres de carencia–para amortizar os créditos, con xuros baixos e próximos ao 0%estos créditos  estarán  enmarcados no Plan de reactivación económica, e complementarán o resto de programas de axudas ao financiamento que desde o comezo da pandemia activou a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Para que se poidan beneficiar o maior número de microempresas, pemes e autónomos e para axilizar a achega dos apoios, a nova liña prevé a simplificación de trámites e requisitos precisos para a concesión dos créditos.

Para mais información, podedes contactar con nós.

Otros artículos de interés