• es
  • gal
xedega@xedega.com
+34 986 430 404

Empresa

Con máis de 20 anos de dilatada experiencia profesional no mercado galego, XEDEGA, S.COOP. GALEGA presta servizos orientados a reforzar, apoiar e asesorar en materia Mercantil, Fiscal, Contable, Laboral e Estratéxica aos diferentes colectivos empresariais: Sociedades, Autónomos, Asociacións, etc.

Sendo coherentes co noso nome: “XEstionando e Desenvolvendo a Empresas GAlegas”, o noso compromiso co desenvolvemento produtivo e social é firme, sendo o noso sinal de identidade e MISIÓN. Aplicamos para isto criterios enmarcados na Economía Social que veñen representar os nosos VALORES.

Desenvolvemos o noso labor dende unha perspectiva de implicación cos nosos clientes e do maior dos nosos compromisos, co convencimento de que a través do noso Asesoramento Integral, conseguimos un gran Valor Engadido para todas as áreas da actividade empresarial que delegan e confían en nós.

A nosa filosofía de traballo baséase na atención personalizada de cada cliente, para iso contamos cun equipo de profesionais, que se especializaron nas diferentes disciplinas de negocio, isto unido ao noso sistema interno de formación continua, permítenos afrontar todos os proxectos con garantías de éxito.

XEDEGA é ademáis a asesoría-consultoría pioneira en Galicia en labores de acompañamento específico a cooperativas e entidades de Economía Social, en todas as súas fases. Dende a formulación inicial, analizando a viabilidade do proxecto, pasando pola formación aos socios, e axudando á creación e posta en marcha do negocio, así mesmo, acompañamos ao cliente en titorías periódicas, apoiándoo na súa xestión do día a día.

Participamos no ano 2010 e 2015 no Proxecto SEFORIS, que analiza a nivel mundial aquelas empresas que teñan algún tipo de fin social. Trátase dun proxecto de investigación onde se mide e pon en valor os avances e as aplicacións a nivel tecnolóxico e de investigación de aquelas empresas integradas na Economía Social. + INFO

SEFORIS

Trato Personalizado

Asesoramento Preventivo

Estrita Privacidade

Cualificación Profesional

Cumprimento de Compromisos