Axudas á creación de Empresas outorgadas polo Concello de Vigo

Publicado el 10 Xan, 2019

FINALIDADE: Estas axudas créanse para colaborar de forma activa na xeración de emprego no concello apoiando a posta en marcha de proxectos, de pequenas e medianas empresas, independentemente da súa forma xurídica, que teñan iniciado a súa actividade empresarial entre o 1 de Abril de 2014 e o 31 de Marzo de 2015.

OBXECTO: Subvencionaranse parte dos gastos da súa posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os 3 primeiros meses de actividade e os tres primeiros meses anteriores.

REQUISITOS: Esíxense unha serie de requistos de obrigado cumprimento para poder acceder ás mesmas:

  • Enderezo fiscal e social en Vigo
  • Empresas de nova creación
  • Que polo menos, un dos promotores estea en situación de desemplrego na data inicio da actividade.
  • Estar ao corrente en deudas coa Administración e co Concello de Vigo
  • Que os promotores non desenvolvesen igual ou similar actividade nos seis meses anteriores
  • Que ningún dos promotores recibira a subvención do Programa de Axudas Municipais á creación de empresas do Concello de Vigo nos 4 anos anteriores ao inicio da nova actividade
  • E cumprir cos requisitos xerais da Lei de Subvencións de Galicia (non estar en situación de concurso, non ter sido condenadas por sentenza firme a non poder ser beneficiarias de subvencións, ETC)

LÍMITES: O importe máximo destas axudas será de 3.000.-€ por empresa e non poderá superar o 50% dos gastos efectuados durante o periodo indicado nin tampouco exceder a cuantía total da inversión inicial realizada polos promotores.

INCOMPATIBILIDADES: Non será compatible esta axuda coas axudas EMEGA ou coas Axudas a Autónomos sempre e cando se soliciten para os mesmos conceptos, non obstante poderán compaxinarse entre si, se se solicitan para partidas distintas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

  • 10 puntos: Empresas que obtiveron certificado ILE o PEIM emitido polo Concello de Vigo
  • 2 puntos: Pola situación social das persoas promotoras que crean o seu posto de traballo (dependendo do colectivo: mulleres, menores de 30, maiores de 45, etc.)
  • 2 puntos: por cada emprego creado por conta propia ou allea a tempo completo de duración mínima de tres meses.
  • 2 puntos: por cada persoa promotora autoempregada ou contratada por conta allea, empadroada en Vigo
  • 2 puntos: polo emprego da lingua galega na realización de actividades propias da empresa

GASTOS SUBVENCIONABLES:

  • Gastos de constitución e apertura (50%)
  • Existencias iniciais de mercancías (50%)
  • Gastos de aluguer (50%)
  • Primas de seguros (50%)
  • Suministros e gastos correntes (50%)
  • Dereitos de propiedade industrial (50%)
  • Imposto de vehículos de tracción mecánica (50%) (vehículos afectos á actividade)

PRAZO: O prazo de presentación finaliza o próximo 15 de Xullo 2015.

Otros artículos de interés