Que é o Bono Consolida 2025?
O Bono Consolida é unha iniciativa clave para fortalecer a economía social en Galicia, apoiando cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Este programa ofrece unha subvención do 80% da inversión realizada, cun adianto do 90% e un límite de ata 30.000 euros por entidade.
Quen pode solicitar o Bono Consolida 2025?
As entidades que desexen acceder a esta axuda deben cumprir os seguintes requisitos:
- Estar inscritas como tal nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter presentadas as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
- No caso de centros especiais de emprego con forma xurídica de asociación, ter aprobado o balance e a conta de resultados na asemblea xeral.
- Acreditar unha antigüidade de 42 meses, que se computará desde a data de inscrición da entidade solicitante no correspondente rexistro administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entidades Excluídas
NON PODERÁN ACCEDER Á AXUDA aquelas entidades que xa recibiron unha resolución favorable de concesión de axudas no ano 2024.
Conceptos Subvencionables do Bono Consolida 2025
As entidades beneficiarias poderán destinar a subvención a:
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
- Marketing, comunicación e relanzamento comercial.
- Melloras na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipación.
- Reforma do centro de traballo.
- Mobiliario.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Creación e desenvolvemento de imaxe corporativa.
- Plans de protección de datos.
- Elementos de transporte.
- Actividades formativas para socios dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).
Prazo de Solicitude
O prazo para presentar solicitudes será desde o 21/02/2025 ata o 21/04/2025.
Como Solicitar o Bono Consolida en 2025?
En Xedega, estamos comprometidos co desenvolvemento e fortalecemento da economía social en Galicia. Se a túa cooperativa ou entidade cumpre cos requisitos, convidámoste a aproveitar esta oportunidade de financiamento.
Consulta a convocatoria oficial e presenta a túa solicitude dentro do prazo establecido. Desde Xedega, podemos orientarte e asesorarte no proceso para que accedas a esta axuda con éxito.
O Bono Consolida é unha excelente ferramenta para modernizar e mellorar a competitividade da túa entidade. Non dubides en contactarnos para máis información e acompañamento na solicitude.