Os recentes sucesos do barrio Gamonal en Burgos, no que os veciños manifestábanse poque o diñeiro destinado a converter unha avenida en bulevar (8 millóns de euros) fora destinado a unha serie de necesidades sociais moito máis incitantes, leváronnos a reformularnos a política de gasto municipal mostrada pola gran maioría de concellos españois ao longo dos últimos anos.
Tomamos o exemplo de Vigo, onde o Concello destinou un total de tres millóns de euros a humanizar oito rúas nos últimos meses. Decidiuse xestionar este investimento a través dunha adxudicación da obra a unha empresa construtora, á que se lle outorgou un prazo de seis meses para finalizar as obras.
3 Millóns € = 8 Rúas = 6 meses = Emprego para unha empresa construtora
Dado que unha das necesidades máis incitantes de hoxe en día é a creación de emprego (obxecto, por outra parte, deste tipo de obras), en Xedega cambiamos os termos e formulamos a viabilidade de orientar este orzamento cara a un proxecto de economía social e emprendimiento colectivo do seguinte modo:
Constituír unha Cooperativa de Traballo Asociado con 25 socios-traballadores, o que requeriría uns custos anuais 11.000 euros destinados á administración, e un custo salarial (de acordo coa nova lexislación de apoio a emprendedores) de 339.000 euros (cun salario bruto por traballador de 1.000 €/mes).
25 traballadores = 11.000 € de Administración + 1.000€/mes/traballador = 339.000€ anuais
Por outra parte, se supoñemos que un 50 % dos 3 millóns iniciais se invieten en materiais de construción e aluguer de maquinaria para levar a efecto ditas humanizacións, o millón e medio restante sería para a Cooperativa de Traballo Asociado. Deste modo, contaríase con fondos para realizar estes traballos durante catro anos e tres meses, durante os que ata 25 persoas poderían estar empregadas, cobrando 1.000 euros ao mes e cotizando na Seguridade Social en réxime de autónomos (co único inconveniente de non ter dereito ao subsidio por desemprego unha vez finalizado este período).
Materiais a 1,5 Millóns €.
Custos de persoal = 1.500.000/339.000 = 4,3 anos
Con todo, esta alternativa iría moito máis alá da realización destas obras pois, ademáis de que 25 traballadores serían máis que suficientes para terminalas nun período de tempo moi inferior, o Concello podería contar con man de obra constante para as súas necesidades durante os 51 meses que abona o salario aos traballadores. E, por se isto fora pouco, a condición de socios dos 25 traballadores garantiría un maior compromiso de todos eles no seu labor, co que tamén se tería montado unha infraestrutura e adquirido as dinámicas de traballo dunha cooperativa para poder dar continuidade ao seu traballo unha vez expirada a concesión municipal.
Sería esta unha manera de utilizar os mesmos recursos para realizar os mesmos traballos, pero cunha eficiencia moito maior se o contemplamos desde o punto de vista do seu impacto social, aforrando gran parte do diñeiro que doutro modo esfumaríase nun mero movimento de papeis por parte das empresas subcontratadas.
Do mesmo modo que o cooperativismo, esta non é máis que unha pequena apertura de miras coa que enfocar unha serie de rutinas de cara a xerar unha maior riqueza social que repercuta en todos nós.