Empresa

Sendo coherentes co noso nome: “Xestionando e Desenvolvendo a Empresas Galegas”, o noso compromiso co desenvolvemento produtivo e social é firme, sendo noso aceno de identidade e MISIÓN. Aplicamos para isto criterios enmarcados na Economía Social que veñen representar os nosos VALORES.

XEDEGA é ademáis a asesoría-consultoría pioneira en Galicia en labores de acompañamento específico a cooperativas e entidades de Economía Social, en todas as súas fases.

Desenvolvemos o noso labor dende unha perspectiva de implicación cos nosos clientes e do maior dos nosos compromisos, co convencimento de que a través do noso Asesoramento Integral, conseguimos un gran Valor Engadido para todas as áreas da actividade empresarial que delegan e confían en nós.

A nosa filosofía de traballo baséase na atención personalizada de cada cliente, para o que contamos cun equipo de profesionais, que se especializaron nas diferentes disciplinas de negocio, isto unido ao noso sistema interno de formación continua, permítenos afrontar todos os proxectos con garantías de éxito.

Acompañámosche en todo
o proceso

Dende a formulación inicial, analizando a viabilidade do proxecto, pasando pola formación aos socios, e axudando á creación e posta en marcha do negocio, así mesmo, acompañamos ao cliente en titorías periódicas, apoiándoo na súa xestión do día a día. Ademais, proporcionamos servizos de seguimento e avaliación para asegurar que o negocio se manteña na dirección correcta.

Desenvolvemento e xestión
de proxectos

Participamos no ano 2010 e 2015 no Proxecto SEFORIS, que analiza a nivel mundial aquelas empresas que teñan algún tipo de fin social. Trátase dun proxecto de investigación onde se mide e pon en valor os avances e as aplicacións a nivel tecnolóxico e de investigación de aquelas empresas integradas na Economía Social. Trátase dun proxecto de investigación onde se mide e pon en valor os avances e as aplicacións a nivel tecnolóxico e de investigación daquelas empresas integradas na Economía Social.

Achegamos valor engadido para todas as áreas da actividade empresarial que delegan e confían en nós.

O que nos distingue

Na nosa empresa distinguímonos por ofrecer un trato personalizado a cada cliente, brindando asesoramento preventivo cun enfoque proactivo. Mantemos unha estrita privacidade en todas as nosas interaccións e asegurámonos de que o noso equipo conte coa cualificación profesional necesaria para proporcionar o mellor servizo. Ademais, cumprimos rigorosamente con todos os nosos compromisos, garantindo a satisfacción e confianza dos nosos clientes.

Fiscal

Laboral

Contable

Xurídico

Formación

Proxectos

Subvencións