Cóntase o pecado pero non o pecador. Pois o mesmo pero ao revés: contamos o milagre, pero non o heroe. Este relato, baseado en feitos reais, é un traxecto de indagación e senrazón polas interioridades da Administración é o que nos trae a historia dun dos traballos máis duros de Xedega, no que non nos deixamos intimidar polos mitos máis oscuros sobre a burocracia, lle concedimos o beneficio da dúbida e nos sorprendemos coa súa faceta máis humana.
Non hai moito tempo unha empresa entrou no procedemento xudicial coñecido como Concurso de Acredores. Para o relato, o Administrador concursal, o noso viláno particular, emprende o proceso de liquidación como o robot dunha cadea de montaxe e somete a subasta todo o inmovilizado da empresa en cuestión.
Pola súa parte, 11 traballadores contaban cos dedos das mans os seus últimos días de traballo e a falla de outra alternativa, conscientes da súa experiencia, decidiron porse en contacto coa Xunta para formar unha cooperativa, xa que “sóanos que cando unha empresa se disolve, os traballadores adoitan formar cooperativas”. Primer batacazo. É agosto e a Xunta está baixo mínimos, pero os poñen en contacto cunha asesoría das Rías Baixas. Sobrepasados de traballo e faltos de persoal, remítenos a Xedega (“aí sempre traballan”) e comeza a odisea.
O primeiro, estar decididos. Sete dos 11 ex traballadores pediron unha capitalización do paro para facer unha oferta por todo o patrimonio da empresa e así continuar co seu labor. Pero o Administrador tíñao moi claro. Vender ao mellor postor. Recuperar todo canto puidera ao maior prezo posible e a oferta dos traballadores (a cuarta parte do prezo de partida) non facía sequera fronte a unha oferta estranxeira por catro máquinas. Como representante da xustiza, o avogado tiña todas as papeletas para solucionar o problema como máis lle beneficiara.
Pero, como dcicimos, a determinación é fundamental e un dos nosos asesores acompañou aos sete traballadores para facer fornte a un imposible: falar directamente co xuíz encargado do caso, adentrarse no seu terreo e convencelo de que, segundo o espíritu da Lei Concursal, haberá que beneficiar sempre toda poxa que favoreza a continuidade da actividade da compañía implicada (como se comprometía a oferta da nova Cooperativa). Sorprendentemente, o xuíz accedeu a establecer o contacto sen cita previa e non só iso, senón que tamén conveu no espírito da lei. Pero… logo de depositar os seus poderes no Administrador, faríalle falta a certeza absoluta sobre a viabilidade do proxecto que lle presentabamos para poder contradicir ao noso vilán particular. Así que de volta a Vigo, de paso por Santiago, o noso asesor e os seus sete xinetes pararon nun Departamento da Xunta de cuxo nome non debemos acordarnos. A negativa foi rotunda e ninguén estaba disposto a asumir o risco de avalar ante o xuíz a viabilidade do proxecto de sete persoas que non tiñan máis experiencia laboral que a da actividade coa que pretendían continuar.
Abatidos e impotentes ante o poderío do Administrador concursal, sen influenza sobre o xuíz e co rechazo da Xunta todavía en carne viva, chegar a Vigo foi como atoparse cunha lancha no medio dun naufraxio. No correo electrónico, un alto cargo do mencionado Departamento da Xunta ofrecíase a avalar ante o xuíz o factible do Proxecto. Ao xuíz non lle fixo falla nada máis ca súa palabra para unirse á causa e o Administrador, dende a altura do seu despacho acristalado de usureiro, pouco puido facer para contradecir a palabra da xustiza.
A oferta dos traballadores executouse e nestes intres, a Cooperativa logrou recuperar xa unha cuarta parte da inversión e comezar a xerar beneficios. Agora, meses despois da súa creación, tomou a primeira ducha de agua fría da que falábamos no noso artigo anterior e contempla dar un novo paso para internacionalizarse.
Séntíndoo moito pola crenza popular, así desmontamos un das grandes ficcións do noso tempo sobre a pasividade xeralizada da burocracia cara aos cidadáns. De non ter sido polo compromiso, a implicación e a comprensión do xuíz e o funcionario da Xunta, estos sete traballadores non estarían cobrando máis ca prestación do paro, en vez dar continuidade ao que sempre souberon facer. Claro que certas reticencias seguirá habendo desde a administración cara a este tipo de osadías cando tanto o xuíz como o funcionario en cuestión cren que o seu nome está mellor no anonimato.
Brais Suárez e Juan Gómez