Os erros dos Currículums Vitae

Publicado el 8 Xuñ, 2015

Son moitas as persoas que cada día envían os seus currículums na procura dun emprego, ou cando menos, acceder a unha entrevista de traballo. Penso logo que resultaría interesante poder buscar información que permitise abordar este documento con algún matiz que o faga diferente, entre a masiva avalancha que diariamente recollen os Departamentos de Recursos Humanos.

Nesta liña atopei hai unhas semanas un estudo dun buscador de emprego, concretamente Bizneo, que  tomando unha mostra de 5.000 currículums aleatorios e actualizados, descubriu os fallos máis comúns e correntes nos que incurrían. Paso a comentar algúns dos máis destacables:

A experiencia laboral: o 13% dos usuarios redactan en menos de 30 palabras os seus anteriores postos de traballo, limitándose a enunciar a empresa e o cargo ocupado nela. Entendemos que unha boa descrición do anterior posto de traballo pon de manifesto as forzalezas dun candidato a un emprego. Por isto é importante que as persoas con menos experiencia deban coidar este campo para dar a coñecer as súas habilidades, tarefas desenvolvidas, logros, etc.

A foto: o 14,4% dos CV non inclúen unha foto do candidato, e dos que o fan, un 6,8% incorporan unha foto inapropiada. No  CV debemos comunicar que somos profesionais e amosar certo grao de madurez. Neste sentido debemos evitar fotos como poden ser as típicas de Facebook, ou moi pouco formais.

Sobre a data de nacemento: comentaba o estudo que outro dato que se adoitaba ocultar é o da data de nacemento. Sobre estas dúas últimas cuestións (as fotos e as datas de nacemento) hai un debate moi interesante sobre o seu tratamento discriminatorio. Algúns expertos defenden que a idade ou unha determinada apariencia poden sacarte dun proceso de selección sen que o empresario realmente coñeza as túas cualidades. En Bizneo consideran que ocultar estos datos reduce a visibilidad e o atractivo dun CV, e pode perxudicarnos nalgúns casos nos que para o seleccionador a nosa imaxe ou idde poidera ser un valor positivo.

Reflectir unha importante actividade: ao parecer o 20% dos CV non recolle ningunha actividade nin profesional nin formativa nos últimos seis meses, e un 11% dos usuarios tampouco as rexistra no último ano. Entendo que és aconsellable reflectir que aínda esteamos desempregados somos persoas activas e proxectar dinamismo. Podemos comunicalo no currículum incluíndo calquera actividade por pequena que nos pareza, tanto profesional como do ámbito formativo: algún curso, colaboracións en blogs, aportacións nalgunha empresa, etc.

Formación académica: o 14% dos currículums, só teñen unha palabra no campo da titulación académica ou formativa. Isto ocasiona a perda de moitas posibilidades de aparecer nos diferentes buscadores da rede, e sobre todo a de poñer de manifesto unha especialización ou diferenciación. Por isto, neste eido debemos ser xenerosos na súa descrición.

Os enderezos de correo electrónico: o 4,7 % dos CV teñen enderezos de correo electrónico moi pouco profesionais ou serios (nomes diminutivos, personaxes de ficción, identificativos ambiguos). É aconsellable poñer o nome con iniciais e axudarnos do uso dos signos para poder rexistralo nas plataformas convencionais e gratuítas.

Confiemos en que estas consideracións poidan servirvos para incorporar algunha pequena modificación no voso CV e con iso aumentar as posibilidades de poder acadar o voso obxectivo laboral.

Otros artículos de interés

No Results Found

The page you requested could not be found. Try refining your search, or use the navigation above to locate the post.