Desde que comezou a crise, fartámonos dos múltiples pronósticos e previsións, que a través de diferentes Organismos/Institucións con recoñecido prestixio profesional, nos bombardearon incesantemente nestes últimos anos: Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, CEOE, Fundacion de las Cajas de Ahorro, as xa esquecidas Axencias de Cualificación (Estándar & Poor’s, Moody’s ou Fitch), e un longo etc. Nin que dicir ten, que ningunha se aproximou a debuxar e a anticiparse a unha realidade, que lamentablemente está a ser máis crúa que a súa visión. O máis curioso resulta, que aínda que non tivesen realizado un diagnóstico veraz e a medida que foi avanzando no tempo, poidemos comprobar, o equivocados que estaban, ningún deles, institucións punteiras e influíntes na realidade económica deu explicacións ou ben argumentou a pésima falla de acerto nos seus pronósticos.
Pero non todo é así, tan só tiveron que pasar 6 anos, para que polo menos un deles, se tivese dignado a entonar o “Mea Culpa” e recoñeceser a súa falla de precisión na chamada evolución económica: o Fondo Monetario Internacional. Recoñecen que os seus pronósticos baséanse nuns modelos mecánicos e cando se producen cambios no contexto, mudan as variables e por conseguinte o modelo carece da precisión requerida.
Ao mesmo tempo sinalas que o shock financeiro que se produciu na zona euro (e que aínda sigue existiendo), veu complicar moito as cousas e que tampouco contaban coa ralentización do crecemento dos países emerxentes. Quizáis isto fíxolles reflexionar na súa estratexia de comunicación e por exemplo no seu último informe (outubro de 2014) prevén un crecimento do PIB mundial ata o 2018 do 1,8 %, iso sí, cunha probabilidade de sufrir unha 2ª recesión económica do 40 %… case nada.
J. Gómez Cabo