No momento da Cooperación

Publicado el 29 Nov, 2012
É certo que estamos atravesando un momento diferente, ante o que, unha gran parte da nosa sociedade non estábamos preparados. Lembro unha comida con empresarios importantes en Febreiro de 2008 en Santiago de Compostela. Comentabamos a situación que estaba atravesando Estados Unidos coas famosas hipotecas “Ninja”. Entre manteis e o bo gusto da comida e bebida, augurabamos o tempo que tardaría a crise americana en chegar aos nosos confíns e logo o tempo no que permanecería entre nós. Debo recoñecer que o máis pesimista fun eu, atrevéndome a dicir que tardaría entre seis meses e un ano en superarse. Que ilusión a nosa por aquel entón! Lembro unha comida con empresarios importantes en Febreiro de 2008 en Santiago de Compostela. Comentabamos a situación que estaba atravesando Estados Unidos coas famosas hipotecas “Ninja”. Entre manteis e o bo gusto da comida e bebida, augurabamos o tempo que tardaría a crise americana en chegar aos nosos confíns e logo o tempo no que permanecería entre nós. Debo recoñecer que o máis pesimista fun eu, atrevéndome a dicir que tardaría entre seis meses e un ano en superarse. Que ilusión a nosa por aquel entón! Que ilusión a nosa por aquel entón!
Xa vai camiño dos cinco anos e o que nos queda. Nestes días tiven a sorte de compartir un agradable faladoiro cun bo amigo na que me comentaba que a crise xa desaparecera e o que estamos a vivir nestes momentos reflicte a realidade que nos podemos permitir e que calquera tempo pasado foi mellor que o que nos acompañará nos próximos 25 anos. Recoñezo que ao principio me sorprenderon estas declaracións, pero despois de reflexionar un tempo sobre isto, cheguei á conclusión de que pode ser certa… ou non.
Entendo que tan mal non fixemos as cousas. Unha proba diso é a experiencia da creación dunha Banca Ética, baixo a fórmula de Cooperativa de Crédito que é o Coop57 Galicia. Uns aventureiros no 2009 fundamos esta entidade totalmente privada e que non pediu nin un só euro de subvención á Administración, coa finalidade de poder outorgar financiamento a Empresas e Entidades pertencentes á Economía Social que quixesen desenvolver algún proxecto. Podo admitir que o correctivo a nivel económico está a ser moi severo, pero ao mesmo tempo estou convencido de que o superaremos, iso si, todos xuntos, é dicir, se somos capaces de crear unha sociedade integradora, con verdadeira conciencia social, cívica e comprometida connosco mesmos. Unha proba diso é a experiencia da creación dunha Banca Ética, baixo a fórmula de Cooperativa de Crédito que é o Coop57 Galicia. Uns aventureiros no 2009 fundamos esta entidade totalmente privada e que non pediu nin un só euro de subvención á Administración, coa finalidade de poder outorgar financiamento a Empresas e Entidades pertencentes á Economía Social que quixesen desenvolver algún proxecto. Hoxe en Galicia fomos capaces de obter máis de 270.000 € en depósitos e a nivel español case se chega aos 10 Millones de Euros. Polo tanto non todo está perdido, hai unha parte importante da sociedade que entendemos que a Economía se pode facer de xeito diferente, sen especulación, sen diñeiro electrónico, sen transaccións monetarias que non obedezan a algo produtivo… amigos os milagres existen e danse cada día. Cooperemos!

Otros artículos de interés