Novidades Fiscais para o 2015

Publicado el 30 Dec, 2014

Informamos das modificacións fiscais que entendemos de maior repercusión para as vosas actividades empresariais e profesionais, que son entre outras, as seguintes:

1.- Modificacións da retención no IRPF para os profesionais e os arrendamentos de inmuebles.

CON EFECTOS DENDE O 1 DE XANEIRO DE 2015

A retención no IRPF para profesionais pasa a ser do 19%

A retención no IRPF para arrendamentos inmuebles pasa a ser do 20%

2.- Supuestos de Inversión do suxeito pasivo

CON EFECTOS DENDE O 1 DE XANEIRO DE 2015

En novos supostos na inversión do suxeito pasivo como nas seguintes entregas:

  1. Entregas de plata, platino e paladio, en bruto, polvo ou produtos transformados.
  2. Entregas de teléfonos móbiles, consolas de videoxogos, ordenadores portátiles e tabletas dixitais.

Neste caso só se aplicará cando falemos dun empresario ou profesional revendedor destes bens c¡alquera que sexa o importe da entrega.

Ou dun empresario ou profesional diferente do referido no párrafo anterior, cando o importe das entregas dos devanditos bens excedan de 10.000 euros, excluído o IVE por destinatario e mes.

3.- Regularización de pensión procedentes do estranxeiro na renda

CON EFECTOS DENDE O 1 DE XANEIRO DE  2015 ATA O 30 DE XUÑO DE 2015

Condonaranse os intereses de demora e sancións que foran impostas e no seu caso tamén o recargo de apremo dos contribuíntes con liquidacións administrativas firmes por pensións percibidas no estranxeiro. (Condonación proporcional as pensións no estranxeiro salvo que non estivese obrigado a facer a declaración ata o momento que tivo que incluír a pensión no estranxeiro que entón a condonación sería total)

Os contribuíntes que aínda non declarasen as pensións no estranxeiro e que terían que facelo, poderán presentar ditas declaración complementarias sen recargo nin intereses de demora ou sancións sempre que o fagan neste período.

4.- Cambio nalgúns tipos de gravame do IVE

CON EFECTOS DENDE O 1 DE XANEIRO DE 2015

Pasan a tributar o tipo xeral do 21%, actualmente fano ao 10%;

  1. Produtos intermedios para a fabricación de medicamentos.
  2. Equipos médicos
  3. Instrumental para o uso persoal e exclusivo de persoas con deficiencia visual e auditiva…
  4. A norma recolle un listado de produtos sanitarios que seguiran tributando ao 10%
  • Medicamentos uso animal
  • Vendas, gasas…
  • Lentes, lentes de contacto, productos de limpeza, órtesis, e, próteses e otoproteses
  • Sillas, muletas, dispositivos para tratamentos de diálises e respiratorios…

E tamén pasan a tributar ao 10% as flores e as plantas, que agora tributaban ó 21%.

4.- Declaración anual Operacións con terceiras persoas Modelo 347

ESTAS MODIFICACIÓNS XA TEÑEN EFECTOS DENDE O 1 DE XANEIRO DO 2014

Isto quere dicir que na declaración do 347 que se faga no 2015 xa se terán en conta.

Obriga a presentar a declaración as Comunidades de bens en réxime de propiedade horizontal e determinadas entidades ou establecementos de carácter social.

Tamén ós autónomos que actúen no Réxime Especial de Criterio de Caixa ou sexan clientes deberán incluír nas súa declaración anual de forma separada os importes pola fecha de factura e o pola fecha de cobro ou pago de acordo cos criterios do réxime especial.

As subvencións publicas hai que declaralas todas, aínda que non cheguen o límite mínimo de 3005,06.

Deberán identificarse separadamente as operacións nas que se produza a aplicación da inversión do suxeito pasivo no IVE, as que se vinculen ó réxime de deposito distinto do aduaneiro e ás que se aplique o Réxime Especial de Criterio de Caixa.

Os importes sepáranse de forma trimestral menos os que están acollidos ó Réxime Especial de Criterio de Caixa e as Comunidades de bens en réxime de propiedade horizontal que suministrarán dita información polo cómputo anual.

Dpto. Fiscal

Xedega S.Coop.Galega

Otros artículos de interés