Esta semana escribimos coa vontade de informalos sobre as novidades establecidas polo Real Decreto Lei 16/2013 do pasado 20 de decembro, así como pola Lei de Presupostos do Estado do 26 de decembro e pola Lei Autonómica 9/2013 do 19 de decembro.
Por unha parte, coa chegada do novo ano, aumentarán as seguintes cotas de autónomos:
- Autónomos 2014: Base mínima de cotización sobe o 2% dende 858,60 a 875,70 euros mensuais, polo que a cota mínima, pasa de 256,72 € a 261,83 euros. A base máxima de cotización establécese en 3.597,00 euros mensuais.
- Autónomos con máis de 10 traballadores e autónomos de sociedades mercantís e laborais: equipararán as súas bases mínimas de cotización coa base mínima do grupo 1 do réxime xeral, que ascenden a 1.051,50 euros, co que a cuota mensual de autónomos será de 313,34 euros. De todos modos, quedarán exentos durante 12 meses os autónomos que causen alta inicial no RETA.
Noutro contexto, cambian as condicións do contrato a tempo parcial, pois no mesmo deberá constar a xornada en horas (diarias, semanais…) e a súa distribución. Será tamén obrigatorio rexistrar a xornada realizada día a día e se totalizará mensualmente, entregando unha copia ao traballador coa súa nómina. Débense conservar os resumos de xornadas durante 4 anos. Do mesmo xeito, aumenta a porcentaxe de horas complementarias, incluso para contratos temporais.
Ademáis, redúcese a xornada por coidado de fillo/a, que amplia a idade do menor de 8 a 12 anos, mentres que o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) anuncia que se elimina o pago do 40% da indemnización de despidos obxectivos en empresas de menos de 25 trabajadores.es.
Cambian tamén os conceptos cotizables, xa que, dende o mes de decembro, certos plus da nómina pasan a ser totalmente cotizables, mentres que ata a data cotizaban só os que superaban o 20% do IPREM. Entre eles, o plus de transporte, pagamentos en especie como plans de pensións, primas de seguros, etc.
Outro paso máis cara a unha maior autonomía dos empresarios vén dado pola supresión da Licenza Municipal: Supresión de licenzas municipais vinculadas con establecementos comerciais e prestamistas de servizos na Comunidade Galega, substituíndoas por comunicacións previas ou declaracións responsables.
Por último, entre as novidades pendentes de ser publicadas, pero cuxo anteproxecto xa está aprobado, atópase a Lei de Mutuas, que pretende dar maior capacidade de xestión e control ás mutuas nas baixas por continxencias comúns, e así que poidan formular proposta de alta médica de traballadores que se trasladará ao facultativo da seguridade social e que se en prazo de 5 días non é contestada por este significará a alta inmediata e a reincorporación do traballador ao seu posto. Así mesmo, modifica os requisitos para facilitar o acceso á prestación por cesamento de actividade dos autónomos.
Quedamos á vosa disposición para calquera aclaración.