Os nosos programas de formación elabóranse a partir das necesidades específicas de cada actividade e as particularidades de cada cliente.
Departamento
Internacionalización
No Departamento de Comercialización – Internacionalización e Comercio Exterior de Xedega ofrecemos asesoramento a empresas que contemplen dar un paso adiante, rachando as barreiras das fronteiras para saír cos seus produtos e servizos ao estranxeiro.
Sempre coa proximidade e o coidado que nos caracterizan, pretendemos dar impulso para aproveitar unha coxuntura que convirta as dificultades en oportunidades. Polo que formulamos:
Cómo o facemos?
- RRealizar un diagnóstico que determine o potencial de internacionalización, para deseñar o itinerario e as ferramentas que faciliten a superación das barreiras que puideran xurdir.
- RTrazar unha relación dos destinos máis axeitados para cada empresa e produto, en función de nuestra información sobre os distintos tipos de mercado.
- RProfundar mediante estudos operativos de mercado e focalizar o traballo nas áreas máis propicias. Bosquexo do plan de exportación e adaptación do produto ao mercado.
- ROfrecer o marco lexislativo e requisitos aos que aterse á hora de situarse no estranxeiro, así como información e tramitación sobre as axudas e apoios institucionais dispoñibles. Tamén se elaboran os documentos precisos para as exportacións.
- REntrar en contacto cos posibles clientes e mediar entre eles e a súa empresa para facilitar as posibles diferencias lingüísticas e/ou culturais. Neste punto contemplamos as primeiras misións directas ao estranxeiro, viaxes de prospección e entrada en feiras internacionais para definir as liñas xerais do plan de acción e posicionarse no mercado. Neste punto contemplamos as primeiras misións directas ao estranxeiro, viaxes de prospección e entrada en feiras internacionais para definir as liñas xerais do plan de acción e posicionarse no mercado.
En conxunto, Xedega propón facer un seguimento personalizado no que vostede senta amparado e apoiado en todo momento polos nosos profesionais, desde que decide buscar unha vía de negocio no estranxeiro, ata que a leva a efecto. Todo isto, sen esquecer os nosos valores de trato directo, compromiso, profesionalidade e confidencialidade.
Outros servizos
Subvencións
Xestionamos e tramitamos distintos tipos de subvencións destinadas a financiar as diferentes iniciativas empresariais dos nosos clientes.
Proxectos
Temos un compromiso coa contorna empresarial e é o de impulsar Proxectos onde os protagonistas sexan as persoas.