Servizos

Fiscal

A experiencia do noso equipo de profesionais, garante un asesoramento íntegro e especializado na operativa diaria das súas empresas, previndo as incidencias que terá a fiscalidade na súa conta de resultados, optimizando así, as vantaxes e beneficios fiscais que ofrece a lexislación vixente.

Laboral

Na área de recursos humanos proporcionámoslle a seguridade dunha xestión eficaz, estudando permanentemente as novas normativas, para a formulación das distintas posibilidades de subvencións e bonificacións, dando solución a todas as necesidades que se presenten no ámbito sociolaboral.

Contable

A metodoloxía e formación continua do noso equipo financeiro, permiten a análise da situación económica real da súa empresa, viabilidade e plans de mellora. Para iso contamos con ferramentas de xestión telemática que nos permiten un control e seguimento actualizado da súa xestión contable.

Xurídico e Mercantil

O estudo permanente das disposicións lexislativas vixentes, permítenos ofrecer un servizo de asesoramento legal e xudicial, tanto preventivo como correctivo, poñendo á súa disposición un equipo de xuristas de recoñecida experiencia nos diferentes ámbitos do Dereito.

Formación

Un correcto e axustado plan de formación continua, é unha das claves para asegurar a competitividade das empresas. Os nosos programas de formación elabóranse a partir das necesidades específicas de cada actividade e as particularidades de cada cliente, co fin de mellorar e potenciar as súas habilidades e actuacións do día a día.

Proxectos

En XEDEGA temos un compromiso coa contorna empresarial e é o de impulsar Proxectos onde os protagonistas sexan as persoas.

Subvencións

Xestionamos e tramitamos distintos tipos de subvencións destinadas a financiar as diferentes iniciativas empresariais dos nosos clientes

Falemos

Queres que avaliemos o teu proxecto? non dubides en poñerche en contacto connosco. Xa sexa grande ou pequeno, simple ou complexo, estamos aquí para axudarche.