Visión da Crise 4 anos despois

Publicado el 29 Nov, 2012

Baseada nun relatorio de Joan Malló, Ministro de Industria nos anos 80 con UCD

Barcelona – 21 de outubro de 2009

“A Saída da Crise, Novos Traballos, Novas Ocupacións”

Dende do segundo semestre do ano 2008 ata agora, vivimos nunha atmosfera de confusión que fai moito máis difícil a saída da Crise e referímonos sobre todo a España.

Debemos facernos tres preguntas clave, como cando un está enfermo:

  1. Que é o que teño? Que é o que me pasa? – Esto vainos axudar a elaborar un diagnóstico acertado imprescindible para saber cal vai ser o tratamento a seguir.
  2. Que teño que facer?
  3. Averiguar de onde me vén? – Non hai peor experiencia para un enfermo que o non saber qué é o que teño. E algo moi parecido nos está suceiendo en España coa actual crise.

Entendemos que houbo un diagnóstico equivocado ao dicir que se trataba dunha crise financeira e como tal se solucionaba ao solventar o problema financeiro. Isto foi verdade no resto do mundo pero non en España.

Houbo internacionalmente un colapso na concesión do crédito o que motivou un estancamento económico. Para facernos unha idea no ano 2006, a suma de todos os capitais dos Bancos da OCDE eran duns 5 Billóns de Dólares. No 2009 os Gobernos de EEUU, Alemaña, Francia e Reino Unido inxectarion nos capitais dos seus Bancos 4,5 Billóns de Dólares, é dicir, o Sistema Financeiro Internacional tivo que intervir, con bo criterio, para rescatar aos mercados de capitais.

A Banca Española non tiña este problema, xa que cando se deron os Activos Tóxicos, sobre todo en EEUU (Wall Street), os Bancos Españois non os mercaban porque o Banco de España non lles deixaba e ademais entre o 2003 e o 2006 os Bancos Españois non tiñan diñeiro para mercar este tipo de Activos (salvo algo o B. Santander e BBVA a través dalgunha das súas filiais) xa que non tiñan aforro porque daban moito crédito: tanto para o sector da construción como tamén os créditos persoais para o consumo. España non tiña crise financeira, o que si tiña era crise de liquidez, xa que coa Crise Internacional os Bancos Españois non podían acudir a obter liquidez aos Bancos amercianos, alemáns, franceses ou ingleses (estos xa tiñan os seus propios problemas cos Activos Tóxicos). É por iso que o Goberno Español tivo unha operación de gran liquidez cos Bancos mercándolles Activos e non repoñendo Capital, coa pretensión de que os Bancos volveran poder conceder Créditos ao Mercado. Esta pretensión fallou, xa que os Bancos Españois aproveitaron todo este diñeiro para devolver as Débedas que tiñan da época anterior con bancos americanos, alemáns, franceses e ingleses. Polo tanto esta liquidez ao final non chegou ao Mercado polo que ao final nós incorporámonos a un dos vagóns da Crise Financeira.

A Crise Española é unha crise de Modelo de Crecemento equivocado. É dicir, durante os últimos 5 anos tivemos crecemento económico por riba da media europea (Europa medrba un 1,5 % e nós un 4 %) e isto motivado sobre todo polo Sector da Construción. Mentres que o peso deste Sector en Europa é dun 6 % sobre o PIB, en España estivo rondando o 16 %. Este crecemento foi real pero resultou maligno e ademais sustentado nunha ferramenta nefasta que foi o endebedamento. Segundo os técnicos en España necesitaríanse arredor dunhas 350.000 vivendas anuais e estivéronse a construír unhas 800.000 vivendas que ademais se vendían (un 128% máis das que se necesitaban). Este exceso de produción na vivenda vendíase porque se financiaba todo, é dicir, sen poñer nin un só euro. Isto motivou que España no 2007 era o país co maior endebedamento per cápita do mundo. Nestes momentos temos un stock de vivendas aproximadamente para 3 anos (2009-2010 e 2011). Evidentemente co enorme peso do sector inmobiliario sobre a economía española fixo que o afundimento deste Sector arrastrase como un efecto dominó ao resto dos Sectores.

Polo tanto a Crise Española é dun crecemento equivocado. De aí que co rescate de capital que outros gobernos utilizaron, países como EUA, Francia, Alemaña e o Reino Unido xa estean na senda da recuperación, pero nós aínda, non porque o noso problema é diferente. Debemos polo tanto volver ao médico e cambiar o tratamento.

Cando aceptamos, principalmente xa que sempre se dan outras circunstancias de ámbito social, etc., que a nosa crise é de exceso de produción, reaparecen as políticas keynesianas de reactivación, sobre todo nas actuacións do Sector Público: subsidios, prestacións sociais, subvencións, etc. orientadas sobre todo a mellorar o consumo. Dalgunha forma o resto de Europa tamén o fixo e xa están a notar síntomas de melloría, pero coincidimos que ese mesmo tratamento para España non está a resultar efectivo, xa que novamente hai que concluír que a nosa enfermidade é outra. Mentres que no resto de Europa se resolve o problema financeiro e se acompañan de políticas reactivas da economía, nuns meses irase recuperando a economía. Pero isto en España non funciona.

O sector da construción provocou 1,5 Millóns de perdas de emprego e non se van poder recuperar neste sector, xa que novamente caeríamos nos mesmos erros que na etapa anterior da crise. O noso modelo de crecemento non pode ser o da construción. Polo tanto España non necesita políticas de reactivación senón  que necesita unha Política de Reconversión, é dicir, necesitamos Inventar 1,5 Millóns de postos de traballo.

Onde podemos prever que se van xerar moitos postos de traballo nos próximos anos e que ademáis obedezcan a unha demanda real e non especulativa? Principalmente temos tres:

  1. Tecnoloxía da Comunicación e do Coñecemento. É un Sector inmaterial que se basea na creatividade e nos bits, onde estos últimos van ser o soporte da creatividade.
  1. Reconversión Enerxética. Hai unha necesidade no mundo de ben aumentar o número de Enerxías Alternativas cun aumento da eficiencia enerxética ou ben aminorar o peso do consumo enerxético dentro da economía mantendo o mesmo grao de benestar. Para que nos fagamos unha idea no século XVII, antes da revolución industrial o consumo per cápita enerxético na poboación europea era duns 12.000 kilocalorias/día. Nestes momentos o consumo supera os 160.000 kilocalorais/día per cápita. Podemos observar que o consumo dispárase e ademáis o número de consumidores tamén, o que provoca un efecto multiplicador.

Por citar algúns exmplos: nos tellados deberíamos ter placas fotovoltaicas e deberíanse rehabilitar moitos edificios. Nestes momentos en España todos os edificios onde nas fachadas empregaron materiais de cristal e vidro, enerxéticamente son un desastre porque no verán dan moito calor e hai que empregar o aire acondicionado e no inverno dan moito frío e hai que tirar da calefacción. Ao prezo ao que está hoxe a enerxía para amortizar unha obra deste calado é a moi longo prazo pero hai que considerar que a enerxía vai dar unha boa subida no prezo próximamente. Neste tipo de obras orientadas a diminuír o consumo de gas e  electricidade a Administración Pública as poida estimular a través de subvencións.

  1. Atención directa ás persoas, servizos sociais en xeral. É unha consecuencia da deslocalización das familias axustándose ás necesidades do mercado e laborais (emigración, etc.). O que vai supor é unha reordenación do Sector e cambio nas reglas do xogo: mellor normativa legal, maior profesionalización, etc.

Ademáis destes novos postos de traballo imos pasar a novas formas de traballar. Pasaremos dunha forma de traballar que podemos chamar industrial (construción, produción, etc) a traballar para procesar bits e atender a persoas. En cambio a nosa sociedade está educada segundo o modelo industrial, o que provocará un agravamento da crise.

O modelo industrial baséase na localización dun espazo físico (a fábrica), coincidindo todos os traballadores nunha franxa horaria e nun lugar, para que poida haber unha organización do proceso industrial (como unha cadea de montaxe). Toda a sociedade está formada en base ao posto de traballo o que provoca que hai que ir a un sitio en concreto (localización), o que provoca desprazamentos ao mesmo tempo e a un mesmo lugar e nunhas datas determinadas. Logo a maioría descansan os sábados e domingos e para rematar as vacacións en agosto.

Unha segunda consecuencia deste modelo é que no ámbito das fábricas prodúcese unha concentración moi forte de Capital físico, que ademáis é caro e onde as empresas separaron entre Capital e Traballo, xestionándoo de forma diferente.

As empresas que traballen procesando bits, non necesitan tanto capital e podemos entender que o traballador vai ser como un artesán e ademais propietario da súa ferramenta de traballo: a creatividade, a comunicación, a súa capacidade organizativa, etc. Neste Novo Concepto de posto de traballo vai ver unha mellor harmonía entre Capital e Traballo. Temos que mentres o obxectivo industrial é o produto, o obxectivo dunha empresa de comunicación é a eficiencia nas mensaxes e nunha empresa de atención ás persoas é a persoa

As empresas nos novos sectores poden estar perfectamente operando en Rede e non necesitan unha concentración física. As formas destes novos traballos non van ser ríxidas en calquera dos seus ámbitos.

Hoxe en día os contratos de traballo son contratos de aluguer de tempo. A relación laboral nas empresas que procesan bits ou de atención ás persoas se basea en ao iniciativa persoal, retribución baseada en resultados máis que no tempo.

Hai dous grandes retos:

  • Un negativo – como estas transformacións das que estamos falando van suceder en empresas novas e outras que xa existen, néstas últimas motivado pola rixidez laboral que hai hoxe en día vanse destruír moitas relacións laborais poque ao aceptar esta transformación implicaría renunciar a moitos logros laborais acadados. O que farán estas empresas existentes será anular relacións laborais e substituílos por contratos de servizos (externalizar).
  • Un positivo – neste novo Modelo trabállase máis polos resultados, é máis flexible, funciónase cunha maior autonomía e con maior capacidade de creatividade. Ademáis o traballo asociado vai xogar una papel moi  importante.

Reconversión dos 80 VERSUS 2009

  • Nos 80 había que pechar empresas e abrir outras. Por exemplo construíanse barcos pero ninguén os quería, pero o peche provocaba conflictos sociais que había que xestionar moi ben xa que era a época da transición. Pasaba o mesmo na minaría. Pechábanse cousas que non se demandaban e tratábase de abrir cousas que si se demandaban.

Hoxe en día non fai falla pechar empresas, xa que pechan soas e ademáis non hai dificultades sociais.

  • Nos 80 o paro acadou o 24 % cunha inflación do 16 %.

Agora o paro acada o 20 % e a inflación é do 0,1 %.

  • Nos 80 unha parte importante dos postos de traballo destruídos eran de persoas de idade avanzada o que fixo que se resolvese con prexubilacións.

Agora a maioría dos parados son mozos e como medida indispensable de futuro deben reciclarse e acometer algo tan obvio como relacionar as prestacións de subsidio coa reciclaxe.

Otros artículos de interés