O Dia do Cooperativismo Galego

Publicado el 4 Jul, 2016

Tiven a sorte de acudir, na Cooperativa Viña Costeira en Ribadavia o pasado  02 de Xullo o Día do Cooperativismo Galego cun lema: “Cooperativas: o poder de actuar por un futuro sostible”.  Na xornada buscouse recoñecer e poñer en valor este tipo de entidades que na nosa comunidade teñen especial relevancia. O cooperativismo en Galicia acolle preto de 90.000 socios dando emprego directo a máis de 10.000 persoas, cifra que se duplica se temos en conta os empregos que mobiliza. Alí se comentou que o cooperativismo representa unha forma de facer empresa na que as persoas traballadoras son as verdadeiras protagonistas e a través delas se  xera  emprego de calidade e de continuidade. Por iso, esta fórmula empresarial demostrou a súa resistencia á crise económica. Incluso nos peores anos, o número de cooperativas e o número de novos socios seguiu a medrar, o que deixa claro a súa fortaleza e solidez. Cómpre, en consecuencia, seguir aprendendo e apostando por este modelo empresarial.

Por iso, desde o goberno galego, alí  representado na persoa do Conselleiro de Economía: Francisco José Conde López sinalou o reforzo e o apoio o sector Cooperativo para que siga crecendo e  que no contexto económico actual gañen tamaño e poidan abrise a novos mercados, querendo  potenciar a súa competitividade e internacionalización. Sinalou que nas  prioridades da “Axenda 20 para o Emprego”, que é  a nova planificación da Xunta no eido laboral, é impulsar o cooperativismo. Nesta folla de ruta se reforzan os incentivos ao cooperativismo, pretendendo  incrementar o tamaño das cooperativas para disponer dunha maior capacidade industrial e loxística. A Xunta destina este ano 5,4 millóns de euros.  Paralelamente o Goberno galego está a ultimar a Estratexia para o impulso do cooperativismo galego 2016-2020, na que se  inclúen un total de 87 medidas concretas e orientadas a este  obxectivo.

Por outra banda, no Día do Cooperativismo Galego entregáronse os Premios á Cooperación 2016 recoñecendo o labor de tres cooperativas  ao desenvolvemento económico e á competitividade de Galicia.  A cooperativa Cidadanía de Santiago recibiu o galardón ao mellor proxecto cooperativo pola súa conexión entre a cidadanía e as administracións; 7 H de Santiago, o correspondente aos valores cooperativos polas actividades que desenvolve na industria cultural e creativa; e Ítica Software Libre de A Coruña, o da promoción do cooperativismo polos seus avances en software libre. Por ende, en Xedega estamos moi orgullosos de poder participar no Proxecto intercooperativo do Tendal con Cidadanía e con Ítaca, polo que dende aquí o noso pequeno homenaxe a eles.

 

 

Foto1

J.Gómez Cabo

Otros artículos de interés