• es
  • gal
xedega@xedega.com
+34 986 430 404

RESORT Cooperativo

Project Info

Project Description

Resort Cooperativo nace dende a perspectiva de enfocar o problema de atención da terceira idade e mudala como unha oportunidade atractiva para tratar de executala. É moi difícil chegar a unha idade onde, logo de toda unha traxectoria vital: parella, fillos, traballo, etc., na procura dunha tranquilidade merecida teñas que depender dunha “case disciplina militar e estrita” en calquera das residencias para maiores.

Con esta idea o que propoñemos é poder planificar con tempo suficiente esta situación e poder participar na creación dun Resort, mezcla de hotel-descanso-actividade, onde cando ti dispoñas, poder empregar  e dispoñer da túa praza para empezar a residir no Resort e aproveitar todos os servizos dispoñibles como se fora un xeriátrico pero cunha orientación vacacional, onde ademais, podes participar na xestión da mesma, propoñendo melloras, cambios, promovendo novas actividades, etc., facendo valer a túa condición de socio.

Aínda estamos desenvolvendo a idea, polo que se estás interesado en participar, non dubides en poñerte en contacto con nós.