• es
  • gal
xedega@xedega.com
+34 986 430 404

Internacionalización

Internacionalización

No Departamento de Comercialización – Internacionalización e Comercio Exterior de Xedega ofrecemos asesoramento a empresas que contemplen dar un paso adiante, rachando as barreiras das fronteiras para saír cos seus produtos e servizos ao estranxeiro. Sempre coa proximidade e o coidado que nos caracterizan, pretendemos dar impulso para aproveitar unha coxuntura que convirta as dificultades en oportunidades. Polo que formulamos:

  • Realizar un diagnóstico que determine o potencial de internacionalización, para deseñar o itinerario e as ferramentas que faciliten a superación das barreiras que puideran xurdir.
  • Trazar unha relación dos destinos máis axeitados para cada empresa e produto, en función de nuestra información sobre os distintos tipos de mercado.
  • Afondar mediante estudos operativos de mercado e focalizar o traballo nas áreas máis propicias. Bosquexo do plan de exportación e adaptación do produto ao mercado.
  • Ofrecer o marco lexislativo e requisitos aos que aterse á hora de situarse no estranxeiro, así como información e tramitación sobre as axudas e apoios institucionais dispoñibles. Tamén se elaboran os documentos precisos para as exportacións.
  • Entrar en contacto cos posibles clientes e mediar entre eles e a súa empresa para facilitar as posibles diferencias lingüísticas e/ou culturais. Neste punto contemplamos as primeiras misións directas ao estranxeiro, viaxes de prospección e entrada en feiras internacionais para definir as liñas xerais do plan de acción e posicionarse no mercado.

En conxunto, Xedega propón facer un seguimento personalizado no que vostede se sinta amparado e apoiado en todo momento polos nosos profesionais, dende que decide buscar unha vía de negocio no estranxeiro, ata que a leva a efecto. Todo isto, sen esquecer os nosos valores de trato directo, compromiso, profesionalidade e confidencialidade.