• es
  • gal
xedega@xedega.com
+34 986 430 404

Proxectos

Proxectos

En XEDEGA temos un compromiso coa contorna empresarial e é o de impulsar Proxectos onde os protagonistas sexan as persoas. Facémolo ademáis aplicando todo o noso empeño, experiencia, recursos e habilidades para xerar un modelo de negocio exitoso, que axude á creación de emprego e sexa rendible e sostible para os seus promotores. Para iso, realizamos de xeito continuado estudos de investigación sobre sectores, tendencias, cambios de hábitos ou necesidades na poboación, para aumentar e aplicar o noso coñecemento na procura dunha mellora continua da nosa intervención en cada un dos proxectos xestionados.

Nesta liña, estamos moi orgullosos de ter sido Socios Fundadores no ano 2009 da Cooperativa de Crédito Coop57 Galicia, entidade adicada a financiar Proxectos de Economía Social.

Outro das iniciativas nas que participamos é O Tendal. Trátase dun Proxecto de Intercooperación formada por cinco cooperativas que pretende lanzar un produto de axuda á Comercialización ás empresas galegas.

Outros proxectos nos que participamos: