• es
  • gal
xedega@xedega.com
+34 986 430 404

“Sen convicción, mellor quedar na casa”

Mallo Italma é unha empresa galega especializada na fabricación de máquinas destinadas ao tratamento da madeira. Desde hai algo menos dun ano está completamente centrada na súa internacionalización e o momento de situar os seus produtos no estranxeiro está cada vez máis cerca.

internacionalización-pymesIsto débese, segundo conta un dos seus diirectivos, José Mallo Pardellas, a súa “decisión e convicción”, sen as que, “máis valdría quedarse na casa”. Desde Xedega subscribimos a importancia desta afirmación, que, unida a ter tomado a decisión de saír ao exterior no momento apropiado, podería significar a salvación da compañía de O Porriño: “Realmente, a inquietude chegou cando chegou ao noso sector sufriu un baixón que nos presentou a posibilidade de buscar no estranxeiro a porcentaxe de mercado que perdíamos aquí”.

Con todo, asume que non foi unha decisión tomada só pola previsión, senón tamén pola necesidade: “era unha mala época no sector e decatámonos de que é bo prever a longo prazo para non pasar grandes necesidades, nin no presente nin no futuro”. Desde ese mesmo momento, toda a dirección de Mallo Italma o tivo claro e “nos informamos a través de la Cámara de Comercio sobre países que están experimentando un gran desarrollo y que, al mismo tiempo, garantizaran un mínimo de seguridad para poder realizar negocios”, o que os conduciu aos seus primeiros acercamentos cara a países de Sudamérica ou África, pois “teñen unha gran riqueza en materias primas e gran parte das súas infraestruturas por desenvolver”. Ademáis, aínda que é certo que non é fácil acadalo, a empresa galega tivo o aierto de dar cos mesmos desde as fases iniciais, co que o proceso está resultando directo e ben planeado.

É un feito que, á súa vez, pódese atribuír aos esforzos de Mallo Italma por explorar os países que se cinguiran ós seus proxectos e por deixarse aconsellar polas xestión da Cámara de Comercio, que vai desde viaxes de prospección á toma de contactos con futuros clientes nas ferias comerciais. Debido á complexidade deste proceso, a empresa decidiu contar tamén coa axuda do Departamento de Internacionalización e Comercio Exterior de Xedega para obter toda a información necesaria acerca da lexislación que lles afecta, os medios de cobro máis oportunos, as condicións de intercambios comerciais entre Europa e Sudamérica ou a documentación requerida.

Cuns contactos estables e os primeiros encargos sobre a mesa, José Mallo apunta, co que xa se intúe como a voz da experiencia, que son as últimas dificultades que superar: “El llegar al país extranjero y comenzar de cero a conseguir un nombre; siempre tienen la duda de cuáles son nuestras intenciones“.

Por fortuna, nada que o traballo e o saber facer poden superar.