• es
  • gal
xedega@xedega.com
+34 986 430 404

Europeísmo como cooperación e respecto

A teoría da relatividade pode ser un bo punto de partida para abordar este asunto, un concepto tremendamente útil para explicar ata que punto as implicacións dun mesmo problema, a moi diferentes escalas, poden resultar idénticas, coa solución común da cooperación.

euTrátase dunha reflexión que xorde a raíz das eleccións ao parlamento europeo e que nos permiten extrapolar o funcionamento das persoas a nivel individual ata uns términos supranacionais, sen remitirnos a nada máis que os principios máis básicos da liberdade: “a de cada un acaba onde comeza a dos demáis”.

Así, cremos que do mesmo xeito que unha convivencia sostible baséase en permitir ao ser humano que flúa coa súa diferenza nun ámbito de respecto e convivencia, tamén consideramos que a convivencia europea e as políticas comúns están a instaurar a un ritmo imparable debería estar apoiada nos mesmos piares: un camiño conxunto no que, máis que loitar por reivindicar as nosas diferenzas, poidamos levalas da man cara a unha especie de sinerxia que favoreza a unión e a cooperación de todos os territorios do continente, establecendo como prioridade o establecemento dun Gran Bloque Europeo como mercado único no que, non obstante, cada país e territorio non se vexa obriagado a renunciar a súa historia, tradicións ou lingua. Así, coas nosas peculiaridades, convivir ata a vellez do mesmo xeito que unha familia, coas súas discusións, controversias e discrepancias.

É esta unha cuestión que entronca directamente co problema da abstención, con tratar de explicar cómo, nun contexto no que todas as campañas están dirixidas a aumentar a participación, os candidatos non son capaces de analizar os seus defectos de raíz para decatarse de que, baixo unha participación de arredor do 46 % só subxace un erro de base, unha incoherencia. Desde o noso punto de vista, son dúas as posibilidades máis plausibles para intuír este escepticismo xeralizado cara a unha pertenza en Europa:

  1. O embotamento producido polas cuestións autonómicas, que parece dirixir a unha sorte de afán de diferenciación e lei do mínimo esforzo, que só conduce  á inoperancia (o qu non implica que non debamos reivindicar e respectar, como mencionamos máis arriba, as orixes de cada territorio).
  2.  As normas básicas de respecto e convivencia ditadas polas altas esferas europeas non empatizan coa personalidade e a sensibilidade propia da nosa historia, tradición, costumbres, etc., fonte máis que suficiente para o distanciamiento e a escasa sensación de pertenza.

Por isto, dando por feito, debido a estas sinerxias que se poderían obter, que ten que ser Europa a que marque as grandes liñas políticas, sociais, económicas, fiscais e xurídicas dos seus estados membros (de feito sería absurdo negar que isto xa está ocurrindo), cremos que o cambio de mentalidade debe darse desde la raíz, desde ese primer chanzo que supón a educación. Un programa educativo o máis universal posible suporía unha importante vía cara á solución, se ben parece algo moi complicado mentres os nosos dirixentes non sexan capaces de ampliar os seus horizontes cara un ben máis común que propio.

Juan Gómez e Brais Suárez