• es
  • gal
xedega@xedega.com
+34 986 430 404

Asesorando a Emprendedores

Estar ben asesorados é imprescindible.

Dende Xedega e a través da coordinación da Rede Eusumo, leva algo máis de 14 meses, realizando unha serie de actividades encamiñadas a impulsar a Economía Social en calquera dos seus ámbitos. Particularmente, un dos principais esforzos o está a acometer no asesoramento e acompañamento a diferentes grupos promotores que queren estudar a viabilidade dos seus proxectos empresariais.

Este asesoramento estámolo levando a cabo coa presenza de técnicos cunha ampla experiencia neste campo, que desenvolven o proxecto de viabilidade conxuntamente co grupo promotor elevando a conciencia deste na formación da xestión societaria, estudando tanto a viabilidade económica-financeira como a viabilidade social en cada un dos diferentes proxectos.

Trabállase cos integrantes dos Grupo Promotores, todos aqueles aspectos que van afectar ao seu proxecto, como pode ser o novo entorno económico, as diferentes fontes de financiación, as tendencias do novo mercado, a planificación comercial, a organización, a estrutura e composición económica e un longo etc., coa finalidade de xerar un documento que contemple todos os compoñentes do proxecto antes de inicialo e así poder tomar unha decisión final analizando a viabilidade do mesmo.

Xa son varios os grupos que se acolleron a este asesoramento gratuíto e tamén xa son varios os que logo de analizar o Plan de Empresa do seu proxecto, decidíronse a constituír a Cooperativa e iniciar a súa andaina empresarial.